terça-feira, 31 de janeiro de 2006

GRUPOS DE FOLC

Segue á espera a contratación do grupo folc. A Dirección da Chaínza está mantendo contactos con algúns grupos de folc nestos intres, pero aínda non se chegou a acordo con ningún.

Por diversos motivos non se contratou a ningún aínda, xa que hai moitos grupos que cobran ou pídenos demasiados cartos pola súa contratación e A Chaínza aínda que está disposta a tirar a casa pola ventá, xa que son moitas as esperanzas postas neste festival...... o que non estamos dispostos é a pagar cantidades desorbitadas.......para nós nestos intres.....!!!!!

Isto non quere dicir, que en anos posteriores se gasten isas cantidades nun grupo...., pero para comezar a andar un festival, nós cremos que ísas cantidade a gastar en calquer agrupación son demasiadas.

Como derradeira nova, dicir....., que agora mesmo, estase tendo contacto cos seguintes grupos: Noitébregos, A Quenlla, Quempallou.....


A continuación dámosvos os enlaces para baixar do emule os discos ou directos dos gupos que xa han estar no festival:

KOGITO (video en directo no concello de vigo)

OS TRES TREBÓNS ( directo no entroido de goián)

domingo, 22 de janeiro de 2006

SEGUE O PROCESO PARA A CONTRATACIÓN DO GRUPO FOLC

Os pasos para a contración do quinto grupo do festival xa se están dando.

Nestos intres, estanse mantendo contactos cos gupos A Quenlla, Os Cempés, A Gaita de Pedra, Noitébregos, Nordés........etc.

Agardamos anunciar nas próximas datas a confirmación do guinto grupo e así pechar xa o cartace do festival.

A dirección da Chaínza segue a pedir axuda a tódolos seus membros para dar opinións ou contactos en canto a contratación deste grupo.

Tamén dicir que se pode confirmar a asistencia dunhas cantareiras de Meira, que amenizarían o festival nos comezos do día 15 de Xullo.

Como derradeira nova dicir que o día para a próxima reunión será o 4 de Febreiro no local que hai na Praia de Baltar, que pode a chegar a ser o futuro local da Asociación.

Con esta nova, queremos que a xente que non puido ir á anterior reunión, esteña avisada con tempo e poida asistir deste xeito con todos nós a Xuntanza.

Un saúdo

quinta-feira, 19 de janeiro de 2006

OS TRES TREBÓNS XA HAN ESTAR NO CHAIRA TRES

ESTO XA RUXE MEUS........!!!!!! A ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA está, outra vez, de noraboa, coa boa nova da presenza d'OS TRES TREBÓNS, no próximo Festival "CHAIRA TRES".

Para quén non o saiba, Os Tres Trebóns son unha nova formación que sae á lus na música galega, que está formada por Xurxo Souto (anterior membro do Diplomáticos) e por algún membro dos Papaqueixos.

A festa que estos tipos levan no corpo é inigualable ( algún/ha membr@ da Chaínza xa o sabe porque xa os viu actuar e pode dicilo.....)....e por iso estamos convencid@s de que o han amosar a tod@s, no nos@ e xa vos@ festival!!!!!

Agora estanse a dar os pasos para a contración dalgún grupo de Folk ou Tradicional, que pode caer nas próximas hora ou días.

A Chaínza pide a tódol@s seus membr@s e a tod@s, en xeral, para dar ideas de quén pode vir ou se alguén coñece a algún grupo.

O presuposto que se está a baraxar nestos intres é moi pouco, así que ninguén veña co chiste de dicir.....Carlos Núñez, Berrogüetto, Luar na Lubre, Milladoiro...etc. Creo que non fai falla dicir máis.......!!!! jejeejejeje......!!!!!!

Como derradeira introdución, dicir que ata o de agora, xa temos contratado a catro grupos, que son os seguintes:

- OS TRES TREBÓNS ( novo grupo de Xurxo Souto )

- KOGITO (grupo de ska-reagge-rock de Vigo )

- SALDOS ARIAS (grupo de punk-rock de Vigo)

- THE NERDS (grupo de punk-rock de Madrid)


Pois veña, con xente así e tan bós amigos......dá gusto traballar carallo....!!!!!

ADIANTE........!!!!!

quarta-feira, 18 de janeiro de 2006

O PRIMEIRO GRUPO XA ESTÁ CONTRATADO

Hoxe a Dirección da Asociación está de noraboa xa que o primeiro grupo da festa xa está contratado. O grupo en cuestión chámase Kogito (pronunciado coguito, como din eles). Se queredes saber algo máis déles podedes entrar na súa páxina web www.kogito.tk/.

A Asociación fixo as súas manobras para que este grupo de Vigo poidera estar connosco o día 15 de Xullo e para iso conseguílles un contrato para tocar no Pub GATOS de Melide o día anterior ó concerto do CHAIRA TRES.

Tamén hai que dicir que os grupos The Nerds, de Madrid e Saldos Arias, de vigo, van estar con todos nós o día da Festa, cáseque con toda seguridade. Polo que se van unir á Festa que entre todos imos tentar montar na Praia da Riboira, en Baltar n'A Pastoriza.

Sen máis un saúdo a todos...............e ADIANTE !!!!!!

segunda-feira, 16 de janeiro de 2006

CORRECIÓNS EN CANTO Á FESTA DA CHAIRA TRES

A ASOCIACIÓN PIDE DISCULPAS EN CANTO Á INFORMACIÓN DADA NA ENTRADA ANTERIOR, NA QUE HOUBO UNHA SERIE DE FALLOS EN CANTO ÁS ANTERIORES DATAS DE CELEBRACIÓN DO FESTIVAL "CHAIRA".

EIQUÍ POÑEMOS O EMAIL QUE NOS ENVIOU O NOSO COLEGA PETER (MEMBRO DA XUNTA QUE SE REUNIU O PASADO DÍA 14 DE XANEIRO)

UN SAÚDO DENDE A XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA

"hola amigos... son pedro (o dos debuxos... deseños... ideas... tolerías e... máis!!!) Agora estiven a ver a web que tendes montada... e quería puntualizar unha cousiña, poida que unha tontería, pero bueno... para que quede claro. O primeiro concerto que se fixo foi o FILLOA ROCK (na moexmu) organizado polo BASANTA (Carlos), e algúns máis o seguinte foi o CHAIRA ROCK (diante do bar dun fillodeputa) organizado polo ISMA (e algúns mais) despois fíxose un CHAIRA ROCK (2) en madrid; organizado polo flipao do lider de THE NERDS e agora imos polo CHAIRA 3 (pastoriza), coa organización de A CHAINZA Deixamos así clara a situación e denominación de cada un deles, que esperemos podan superarse nas seguintes edicións. Arrastrando unha mesma denominación, ésta serie de festivais que despuntou como alternativa punk-rock desgarradora e desafiante, xurdíu un día cómo excusa para poder disfrutar de algo que non se ofertaba antes por aqui... ademais de servir de punto de xuntaza para rapaces de toda a terra chá ...e de toda Galiza, e máis alá. Aproveitando agora, a acertada fundación desta asociación "A CHAINZA", é indudable que se alimentará a tódolos asistentes a éste festival, cunha desbordante explosión de diversión, amizade e compromiso. Usando a primitiva idea do punk para aderezar unha mostra de folk-rock e ledicia, enriquecendo as nosas conciencias... e esperemos que alimentando os nosos ánimos. Son moitas as esperanzas que están a ser depositadas neste evento... e deseguro que as inquedanzas xurdirán nas testas de tódolos presentes... incluso do xabarín!! A título persoal... A camiseta xa a teño ideada... E tamén as pulseras (aproximadamente 0,31€ cada unha)... Destacaría a importancia de asegurarse a presencia dun porcobravo macho, de máis de 100Kg... Si fose preciso compralo, canto antes sexa propiedade da asociación, mellor ...a última hora, non se dán feito as cousas. Podo aportar a creación do logo do festival, das camisetas (teño presupostos aquí en Ourense), das pulseras, das rifas para o porko, e dos tikets para bebida-comida. Todo esto falarémolo na próxima xuntaza... alá polo 4 de Febreiro. ata entón saU2 kagondios"


SEN MÁIS, UN SAÚDO DENDE A XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA !!!!

CONCLUSIÓNS Á PRIMEIRA REUNIÓN

O pasado día 14 de Xaneiro celebróuse a primeira reunión en serio da Asociación. Á dita reunión asistiron 9 persoas, que non está nada mal vendo como funciona o asociacionismo na Terra Chá.

As conclusións ás que se chegou foron as seguintes:

  1. A Organización dunha Festa na Praia da Riboira en Baltar, n'A Pastoriza. O día no que se vai celebrar a Festa será o día 15 de Xullo de 2006.
  2. A Festa chamarase "CHAIRA 3", como continuación dunha festa que xa houbera fai uns anos en Muimenta e que se chamara "FILLOA ROCK" na primeira edición e "CHAIRA DOUS" na segunda edición.
  3. A decisión que se tomou en canto ós grupos que van a vir e a orde en que van a tocar é a seguinte:
    1. Grupo de Gaitas ou Tradicional.
    1. Grupo de Reagge Ska Rock. Para quentar o ambiente.
    1. Grupo punteiro de Folc Rock.
    1. Grupo de Rock Punk, que poderían ser os Saldos Arias.
    1. Grupo de Punk Rock, que poderían ser The Nerds, de Madrid.
  4. Tamen se dedidiu a creación dunha camisolas para a Festa e que han levar como logo da festa a figura dun Xabarín.
  5. Como último tema saínte, decidíuse facer o sorteo dun Xabarín o día da festa.
Esto foi a grandes rasgos o que se decidiu o día da reunión. Agardamos que saia todo adiante.

Nos próximos días irase poñendo maís novas e xa o derradeiro debuxo da festa.

quarta-feira, 11 de janeiro de 2006

COMEZARON AS CONTRATACIÓNS DOS GRUPOS

Hoxe comezaron as contratacións dos grupos, aínda que non hai nada pechado ata o de agora. Aínda que temos moito tempo para as contratacións........ os primeiros pasos xa foron dados !!!!

Os grupos ós que se chamou e se lles pediu información en canto a gastos ou posibilidades por vir foron os seguintes:

    1. OS FESTICULTORES (podedes ver quen son éstos tipos entrando na súa páxina web www.festicultores.com ). Como veredes son a ostia!!! O roio que teñen é que non tocan no palco, senón que fan algo así como un pasarrúas.
    2. KOGITO (grupo de vigo de ska www.kogito.tk). se queredes escoitar algo deles, podedes baixar a súa maketa do emule.
    3. LA TARRANCHA (grupo de ska-rock de Asturies). A súa páxina web é www.latarrancha.com
    4. SALDOS ARIAS (grupo de punk-rock de vigo). Tocaron este ano no Bar Duende (antigo Paso de Cebra en Muimenta).
    5. OS TRES TREBÓNS ( o novo grupo de Xurxo Souto). Son a polla éstos, que volo digo eu que xa os vin dúas veces !!!!

Pois istos son algúns dos grupos os que se lles falou ata o de agora. Como sempre se dí nestos casos admítense suxerencias!!!

Isto ferve meus!!!!

segunda-feira, 9 de janeiro de 2006

XA TEMOS UN POSIBLE LOGO PARA A ASOCIACIÓN





















Este pode ser o logo final da Asociación !!!

Agardamos que sexa do agrado de todos !!!

Admítense suxerencias .......jejejeje !!!!!!!!

sábado, 7 de janeiro de 2006

XA TEMOS DÍA PARA A PRIMEIRA XUNTANZA


A Dirección da ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA lémbralle a tódolos seus membros que o vindeiro día 14 de Xaneiro ás 22:30,no Mesón A Ponte, en Ponte de Outeiro, haberá unha reunión de toda a Xunta Directiva e de tódolos membros da Asociación, na que se falará de todos os pasos dados por esta Asociación ata o de agora e na que se tratarán os temas do que se fai facer os próximos meses do Ano 2006.

Entre os temas máis salientables, falarase do logo da Asociación, da creación das camisolas, dos preparativos para a Festa que se ha de celebrar o día 15 de Xullo na Praia da Riboira en Baltar, n'A Pastoriza e de moitos máis temas e ideas que saian adiante.

Animamos a tódolos que queiran participar na Asociación ou nos distintos actos que se han celelbrar, a asistir a dita reunión.

Sen mái que dicir...

Un Saúdo dos membros da Asociación!!!!!!..................e ADIANTE!!!!!!!!!