quarta-feira, 21 de dezembro de 2005

A CHAÍNZA COA SELECCIÓN GALEGA


A Asociación Cultural A Chaínza está de NORABOA coa nova de que a Selección Galega de Fútbol vai xogar o vindeiroa día 29 de Decembro, en Compostela, un amigable coa Selección de Uruguai.

Dende a dirección da Asociación todo o noso apoio para que este partido saia adiante e se dispute cantas máis veces millor.

A nosa ilusión é que a Selección poda xogar algún día partidos Internacionais ó mesmo nível que a Española.

Os membros da Asociación tentarán estar alí, o día 29, para animar con tódolos seus folgos!!!!!!!!!

Animamos a tódolos que non teñan entrada a comprala, xa que están apunto de esgotarse!

POR FÍN PODEMOS DEIXAR DE DICIR:

SELECCIÓN GALEGA XÁ !!!

AGORA SÓ NOS QUEDA O CÁNTICO DE:

SELECCIÓN GALEGA PROFESIONAL XÁ !!!!

NORABOA A TÓDOLOS QUE SENTEN GALICIA/GALIZA TAN FÓRTEMENTE COMA NÓS