sábado, 7 de janeiro de 2006

XA TEMOS DÍA PARA A PRIMEIRA XUNTANZA


A Dirección da ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA lémbralle a tódolos seus membros que o vindeiro día 14 de Xaneiro ás 22:30,no Mesón A Ponte, en Ponte de Outeiro, haberá unha reunión de toda a Xunta Directiva e de tódolos membros da Asociación, na que se falará de todos os pasos dados por esta Asociación ata o de agora e na que se tratarán os temas do que se fai facer os próximos meses do Ano 2006.

Entre os temas máis salientables, falarase do logo da Asociación, da creación das camisolas, dos preparativos para a Festa que se ha de celebrar o día 15 de Xullo na Praia da Riboira en Baltar, n'A Pastoriza e de moitos máis temas e ideas que saian adiante.

Animamos a tódolos que queiran participar na Asociación ou nos distintos actos que se han celelbrar, a asistir a dita reunión.

Sen mái que dicir...

Un Saúdo dos membros da Asociación!!!!!!..................e ADIANTE!!!!!!!!!

2 Comments:

At 1:09 da manhã, Anonymous Anónimo said...

E unha pena non peder estar presente.
Se se me concede, deberiadeslle de comentar o rexente do local donde se espera que tales reunions tenhan lugar que deberia de acercarse un pouco mais as tecnoloxias modernas, o cal, neste caso concreto, me permitiria seguila reunion por videoconferencia.
Que todo sexa para ben!!

Saudos.

 
At 1:37 da manhã, Anonymous Anónimo said...

trankilo majete, que para cando veñas ti xa faremos outra alo por febreiro ou por ai!!!!

se non o sabias, es o primeiro que entra!!!

ESTOS DE OUTEIRO AINDA NON SABEN O QUE CHE É A INTERNET,........JAJAJJAJAJAA!!!!!

 

Enviar um comentário

<< Home