segunda-feira, 15 de janeiro de 2007

PRIMEIROS PASOS CARA O FESTIVAL 2007









A A. C. A Chaínza vén de celebrar a súa primeira reunión deste ano 2007 na que se trataron e se aprobaron as Actividades que esta Asociación vai desenrolar nas próximas datas.

Como actividades principais destacan tanto a celebración do día das Letras Galegas e a Festa do Lume Novo, así como a preparación dalgún Roteiro no Concello de A Pastoriza.

Todas estas Actividades iranse pondo á lus nos vindeiros días.


Como derradeiro ponto do día formáronse os distintos grupos de traballo cara á celebración do vindeiro Festival Chaira 2007, o día 14 de Xullo de 2007.


Xa pra finalizar anúnciase a tódolos membros da Asociación e a tódolos que queiran participar na Organización do Festival que proximamente se organizará unha Cea de Irmandade cara á Captación de Xente Nova e de Ideas a Desenrolar neste Ano 2007.

Un Saúdo dende a Direción da Chaínza.