V FESTIVAL DA CHAIRA 2010 (17 DE XULLO DE 2010)
A dirección d'A Chaínza anímavos a asistir ó V Festival da Chaira 2010
contaremos unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais,
Rock, Ska, Reggae, Folc e a Música da NOSA TERRA.
Por QUINTO ANO CONSECUTIVO, o Festival da Chaira voltarase celebrar na Praia da Riboira en Baltar
e voltará a ser Punto de Encontro Musical do Verán da Terra Chá,
tamén contaremos con:
ACAMPADA GRATIS CON TÓDOLOS
SERVIZOS BÁSICOS INCLUÍDOS…!!!
SEMPRE COA Diversidade Musical: Pra este ano 2010, o FESTIVAL DA CHAIRA segue co seu
ESLOGAN PRINCIPAL: "DIVERSIDADE CONTRA A NON PLURALIDADE".
Non pode ser doutro xeito....!!! Voltaremos contar, unha vez máis... cunha Variedade Musical
que tentará percorres tódolos Estilos Musicais...
NINGUÉN PODE FALLAR...!!!
A Variedade de Estilos irá dende o máis Autóctono de grupos como:
- Zootropa de Lugo (do Bar mítico Garçon del Pis, de Lugo);
- Do SKA de Kogito (que volta unha vez máis ó Festival, despois de haber estado xa no 1º Festival no pasado 2006);
- Do Reagge-Ska-Punk do grupo La Limoncello de Barcelona e do Folk / Fusión / Étnica;
- Das músicas do mundo do grupo Chotokoeu de A Coruña
- E dos xa moi coñecidos e recoñecidos Ulträqäns de A Coruña
Eiquí vos deixamos as Ligazóns pra que poidades entrar nas súas webs e coñecelos un pouco máis.
Agardamos que as vosas expectativas pra este ano 2010 estexan, un ano máis, sobradamente cubertas.
I TORNEO DE BILLARDA:
Este ano tamén se celebrará o "I TORNEO DE BILLARDA FESTIVAL DA CHAIRA 2010"
coa colaboración da Asociación O Varal.
Como 1º Premio entregarase un XABARÍN ó mellor VAREADOR do TORNEO.
Antes regalábase...agora hai que gañalo..!
Vémonos outra vez, OBRIGADO A TOD@S !!!
GRUPOS CONFIRMADOS
(Crica nas fotos para ter máis información dos grupos)
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home