quarta-feira, 11 de janeiro de 2006

COMEZARON AS CONTRATACIÓNS DOS GRUPOS

Hoxe comezaron as contratacións dos grupos, aínda que non hai nada pechado ata o de agora. Aínda que temos moito tempo para as contratacións........ os primeiros pasos xa foron dados !!!!

Os grupos ós que se chamou e se lles pediu información en canto a gastos ou posibilidades por vir foron os seguintes:

    1. OS FESTICULTORES (podedes ver quen son éstos tipos entrando na súa páxina web www.festicultores.com ). Como veredes son a ostia!!! O roio que teñen é que non tocan no palco, senón que fan algo así como un pasarrúas.
    2. KOGITO (grupo de vigo de ska www.kogito.tk). se queredes escoitar algo deles, podedes baixar a súa maketa do emule.
    3. LA TARRANCHA (grupo de ska-rock de Asturies). A súa páxina web é www.latarrancha.com
    4. SALDOS ARIAS (grupo de punk-rock de vigo). Tocaron este ano no Bar Duende (antigo Paso de Cebra en Muimenta).
    5. OS TRES TREBÓNS ( o novo grupo de Xurxo Souto). Son a polla éstos, que volo digo eu que xa os vin dúas veces !!!!

Pois istos son algúns dos grupos os que se lles falou ata o de agora. Como sempre se dí nestos casos admítense suxerencias!!!

Isto ferve meus!!!!