segunda-feira, 16 de janeiro de 2006

CORRECIÓNS EN CANTO Á FESTA DA CHAIRA TRES

A ASOCIACIÓN PIDE DISCULPAS EN CANTO Á INFORMACIÓN DADA NA ENTRADA ANTERIOR, NA QUE HOUBO UNHA SERIE DE FALLOS EN CANTO ÁS ANTERIORES DATAS DE CELEBRACIÓN DO FESTIVAL "CHAIRA".

EIQUÍ POÑEMOS O EMAIL QUE NOS ENVIOU O NOSO COLEGA PETER (MEMBRO DA XUNTA QUE SE REUNIU O PASADO DÍA 14 DE XANEIRO)

UN SAÚDO DENDE A XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA

"hola amigos... son pedro (o dos debuxos... deseños... ideas... tolerías e... máis!!!) Agora estiven a ver a web que tendes montada... e quería puntualizar unha cousiña, poida que unha tontería, pero bueno... para que quede claro. O primeiro concerto que se fixo foi o FILLOA ROCK (na moexmu) organizado polo BASANTA (Carlos), e algúns máis o seguinte foi o CHAIRA ROCK (diante do bar dun fillodeputa) organizado polo ISMA (e algúns mais) despois fíxose un CHAIRA ROCK (2) en madrid; organizado polo flipao do lider de THE NERDS e agora imos polo CHAIRA 3 (pastoriza), coa organización de A CHAINZA Deixamos así clara a situación e denominación de cada un deles, que esperemos podan superarse nas seguintes edicións. Arrastrando unha mesma denominación, ésta serie de festivais que despuntou como alternativa punk-rock desgarradora e desafiante, xurdíu un día cómo excusa para poder disfrutar de algo que non se ofertaba antes por aqui... ademais de servir de punto de xuntaza para rapaces de toda a terra chá ...e de toda Galiza, e máis alá. Aproveitando agora, a acertada fundación desta asociación "A CHAINZA", é indudable que se alimentará a tódolos asistentes a éste festival, cunha desbordante explosión de diversión, amizade e compromiso. Usando a primitiva idea do punk para aderezar unha mostra de folk-rock e ledicia, enriquecendo as nosas conciencias... e esperemos que alimentando os nosos ánimos. Son moitas as esperanzas que están a ser depositadas neste evento... e deseguro que as inquedanzas xurdirán nas testas de tódolos presentes... incluso do xabarín!! A título persoal... A camiseta xa a teño ideada... E tamén as pulseras (aproximadamente 0,31€ cada unha)... Destacaría a importancia de asegurarse a presencia dun porcobravo macho, de máis de 100Kg... Si fose preciso compralo, canto antes sexa propiedade da asociación, mellor ...a última hora, non se dán feito as cousas. Podo aportar a creación do logo do festival, das camisetas (teño presupostos aquí en Ourense), das pulseras, das rifas para o porko, e dos tikets para bebida-comida. Todo esto falarémolo na próxima xuntaza... alá polo 4 de Febreiro. ata entón saU2 kagondios"


SEN MÁIS, UN SAÚDO DENDE A XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA !!!!

2 Comments:

At 2:39 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Pois si que e unha puntualizacion interesante, polo menos para min, pois dis cousas que eu non sabia. Para ponherche un exemplo, A Chaira Rock (2) O que me chama a atencion e o de Madrid, que, desculpandome de anteman polos meus conhecementos xeograficos un tanto precarios, diria que queda un pouco en extraradio... Non e? Jeje!!

Saudos e gracias.

 
At 4:56 da tarde, Anonymous Anónimo said...

home si moi preto non está que digamos,pero eu que fun o que o puxen, so teño q dicirq foi posto aí para que non haxa malos entendidos despois.

jejeje

veña topito de nieve!!!un saudo

 

Enviar um comentário

<< Home