segunda-feira, 10 de abril de 2006

REUNIÓN DA ASOCIACIÓN CARA Á ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL

O vindeiro día xoves 13 de Abril ás 22.00h vai haber unha reunión da Asociación, no bar Cruceiro de A Pastoriza, na que se tratarán os seguintes temas:

- Como foi o transcorrer do Festival ató dagora e as decisións que se tomaron.
- Apuntamento de xente que queira traballar o día do Festival.
- Captación de socios.
- Demáis temas que saian á lus.

A cantidade que se decidíu pór, como cota para ser soci@, é de 10€ Mínimo, aínda que os membros poden dar a cantidade que vexan oportuna.

Por outra banda, dicir que as camisolas do festival xa estarán preparadas pra a súa venda ise día. O prezo que van ter é de 10€ a peza.

Agardamos que asista a maior cantidade de xente posible, por iso canta máis xente o saiba mellor pra todos.

Se podes avisar a colegas que queiran participar, estamos moi ledos de que así sexa.

Tódolos que asistan non teñen porque querer traballar ou ser soci@s, máis ben trátase de xuntarse e facer algo polo noso pobo.........( unha vez ó ano non fai dano......jejeje )

Un saúdo, dende a Dirección d'A Chaínza.