sexta-feira, 17 de fevereiro de 2006

SEGUE O PROCESO DE PUBLICIDADE


Seguen os pasos de cara a facer a maior publicidade do festival na maior cantidade de foros e lugares da rede.

Neste caso ofrecémosvos o enlace da páxina contrasurco, que tamén nos meteu na súa base de datos.

Agora estanse a dar os pasos para tentar facer publicidade do festival da chaira nos xornais, como A Voz De Galicia ou O Progreso de Lugo.

Dende a dirección da Chaínza animamos a tódolos seus membros a deixar pegadas do festival tanto en foros como en calquer lugar da rede, como poden ser páxinas de festivais ou de cultura.

Unha boa opción á hora de deixar pegada do festival nalgún lugar da rede é a de poñer sempre o link que direccione á nosa páxina para que deste xeito a xente poda entrar na nosa páxina e poder ter a maior cantidade de información do festival.

Recordamos que a dirección que estamos a usar nestos intres é www.achainza.on.to ou www.festivaldachaira.on.to

Estas direccións son provisionais pero han estar en funcionamento sempre, así que poderán ser usadas nun fúturo sen ningún problema.