quarta-feira, 18 de janeiro de 2006

O PRIMEIRO GRUPO XA ESTÁ CONTRATADO

Hoxe a Dirección da Asociación está de noraboa xa que o primeiro grupo da festa xa está contratado. O grupo en cuestión chámase Kogito (pronunciado coguito, como din eles). Se queredes saber algo máis déles podedes entrar na súa páxina web www.kogito.tk/.

A Asociación fixo as súas manobras para que este grupo de Vigo poidera estar connosco o día 15 de Xullo e para iso conseguílles un contrato para tocar no Pub GATOS de Melide o día anterior ó concerto do CHAIRA TRES.

Tamén hai que dicir que os grupos The Nerds, de Madrid e Saldos Arias, de vigo, van estar con todos nós o día da Festa, cáseque con toda seguridade. Polo que se van unir á Festa que entre todos imos tentar montar na Praia da Riboira, en Baltar n'A Pastoriza.

Sen máis un saúdo a todos...............e ADIANTE !!!!!!