OS TRES TREBÓNS XA HAN ESTAR NO CHAIRA TRES
ESTO XA RUXE MEUS........!!!!!! A ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA está, outra vez, de noraboa, coa boa nova da presenza d'OS TRES TREBÓNS, no próximo Festival "CHAIRA TRES".
Para quén non o saiba, Os Tres Trebóns son unha nova formación que sae á lus na música galega, que está formada por Xurxo Souto (anterior membro do Diplomáticos) e por algún membro dos Papaqueixos.
A festa que estos tipos levan no corpo é inigualable ( algún/ha membr@ da Chaínza xa o sabe porque xa os viu actuar e pode dicilo.....)....e por iso estamos convencid@s de que o han amosar a tod@s, no nos@ e xa vos@ festival!!!!!
Agora estanse a dar os pasos para a contración dalgún grupo de Folk ou Tradicional, que pode caer nas próximas hora ou días.
A Chaínza pide a tódol@s seus membr@s e a tod@s, en xeral, para dar ideas de quén pode vir ou se alguén coñece a algún grupo.
O presuposto que se está a baraxar nestos intres é moi pouco, así que ninguén veña co chiste de dicir.....Carlos Núñez, Berrogüetto, Luar na Lubre, Milladoiro...etc. Creo que non fai falla dicir máis.......!!!! jejeejejeje......!!!!!!
Como derradeira introdución, dicir que ata o de agora, xa temos contratado a catro grupos, que son os seguintes:
- OS TRES TREBÓNS ( novo grupo de Xurxo Souto )
- KOGITO (grupo de ska-reagge-rock de Vigo )
- SALDOS ARIAS (grupo de punk-rock de Vigo)
- THE NERDS (grupo de punk-rock de Madrid)
Pois veña, con xente así e tan bós amigos......dá gusto traballar carallo....!!!!!
ADIANTE........!!!!!
2 Comments:
mais os tres trebópns andavam com um rapás que tocaba o trompetom, seica nom vai ou qué?
se queres poder ler o seu dossier no seguinte enlace
http://achainza.blogspot.com/2006/03/quen-son-os-tres-trebns.html
abur
Enviar um comentário
<< Home