terça-feira, 28 de fevereiro de 2006

INFORMACIÓN DOS GRUPOS DO FESTIVAL


Hoxe amosámovos un pizca do que poderedes ver no próximo Festival da Chaira Tres.

Eiquí tedes o enlace ós videos do grupo Kogito (Kógito como dín eles e os filósofos tamén,jejeje), que puxeron en google video, para que todo o mundo vexa o potencial que este grupo tén.

Se con ésto non vos animades a vir ó noso festival irémosvos poñendo máis cousas deste grupo e do resto dos grupos que han vir ó festival para así amosarvos todo o que se vai poder ver no Chaira Tres.

Tamén animamos a tódolos que queiran asistir á Sala Clavicémbalo ó concerto que este grupo vai a dar o vindeiro día 1 de Abril en Lugo da presentación da súa nova maketa, que logo han empezar a promocionar.

Tedes máis información deste grupo na súa páxina web.

Os enlaces dos videos das cancións son os seguintes:

Os videos non teñen moita calidade, pero iso non quita de amosarnos a súa calidade musical.

Tamén podedes baixar o video completo do emule cricando eiquí.

Un saúdo dende a Dirección da Chaínza