segunda-feira, 17 de abril de 2006

CONCLUSIÓNS EN CANTO Á REUNIÓN DO PASADO DÍA 13 DE ABRIL


O pasado día 13 de abril celebróuse no Bar O Cruceiro de A Pastoriza unha reunión cunha boa representación de soci@s da Asociación.

Neste reunión levóuse a eito o apuntamento de soci@s e máis repartíronse as camisolas coas que se ha de financiar o "Festival da Chaira".

Tamén se fixo un pequeno achegamento ó que vai ser a organización o día do festival e a xente que ha de facer falla pra levalo a cabo.

Deixáronse algúns temas a tratar pra a seguinte reunión, que posiblemente sexa pra o mes de Maio.

Como se ve na foto, aparecen algúns dos que asistiron á reunión, aínda que faltan moitos máis que nesos intres xa non estaban.

Como outro tema, hai que dicir que se vai poñer na páxina unha sección de fotos das reunións así como de todo o entorno do lugar onde se vai a celebrar o festival na praia d'A Riboira, en Baltar.


1 Comments:

At 3:31 da tarde, Anonymous Anónimo said...

isos puños ben arriba carallo !!!!!

 

Enviar um comentário

<< Home