quarta-feira, 25 de outubro de 2006

CEA DE IRMANDADE


A Asociación Cultural A Chaínza anuncia a tódolos seus membros e a tódolos que axudaron á Organización do Festival, que o vindeiro Sábado 28 de Outubro de 2006 se vai celebrar unha comida de Irmandade, no Mesón A Ponte, d'A Ponte de Outeiro.

Todos aqueles que axudaron ou contribuiron dalgún outro xeito á celebración do Festival da Chaira 2006 están convidados.

De tódolos xeitos todos aqueles que queiran asistir están convidados tamén.

Cantos máis sexamos máis daremos que falar!!!!

Por otra banda, dámo-las grazas ó Portal GALICIA DIXITAL por acceder a meter a nosa web na súa base de datos.

Esta é unha boa nova, xa que estamos a falar dun dos meirandes Portais en canto a direccións da cultura galega.

Un saúdo!!!