sexta-feira, 19 de janeiro de 2007

A ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA ÚNESE Ó RESTO DE ASOCIACIÓNS















A ASOCIACIÓN CULTURAL A CHAÍNZA ÚNESE ÁS DEMÁIS ASOCIACIÓNS QUE PUXERON O RECURSO DE ALZADA EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN DAS MINAS DE SEIXO QUE A EMPRESA ERIMSA QUERE DESENROLAR NA TERRA CHÁ.


Se queres ter boa conta de todo o transcorrer e de tódalas novas que van sucedendo (ou Non Confías Nos XORNAIS) podes visitar os seguintes links:

* PLATAFORMA MINAS NON
* ADEGA

segunda-feira, 15 de janeiro de 2007

PRIMEIROS PASOS CARA O FESTIVAL 2007









A A. C. A Chaínza vén de celebrar a súa primeira reunión deste ano 2007 na que se trataron e se aprobaron as Actividades que esta Asociación vai desenrolar nas próximas datas.

Como actividades principais destacan tanto a celebración do día das Letras Galegas e a Festa do Lume Novo, así como a preparación dalgún Roteiro no Concello de A Pastoriza.

Todas estas Actividades iranse pondo á lus nos vindeiros días.


Como derradeiro ponto do día formáronse os distintos grupos de traballo cara á celebración do vindeiro Festival Chaira 2007, o día 14 de Xullo de 2007.


Xa pra finalizar anúnciase a tódolos membros da Asociación e a tódolos que queiran participar na Organización do Festival que proximamente se organizará unha Cea de Irmandade cara á Captación de Xente Nova e de Ideas a Desenrolar neste Ano 2007.

Un Saúdo dende a Direción da Chaínza.