segunda-feira, 26 de junho de 2006

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO



A Dirección d'A Chaínza quérelle anunciar a tódolos seus membros que o vindeiro día 30 de Xuño vai haber unha Asemblea Extraordinaria da Asociación, que se vai celebrar no Local da Praia de Baltar ás 22:00h.

Lémbrase a tódolos soci@s que pra poder ter opción de voto na Asemblea é precido ser Soci@ antes do día da Publicación dista Nova. Tódolos asistentes á Reunión que non sexan soci@s iste día poderán asistir como Oíntes pero sen opción a Voto nin a Decisión algunha. De tódolos xeitos, ise día vaise facer unha Captación de Soci@s pra poder formar parte da Asociación e ter dereito a Decisión en próxima Asembleas.

Os Temas do día son os seguintes:

- Aprobación da Acta Anterior
- Festival da Chaira. Toma de decisións pró día do Festival e repartimento de Tarefas.
- Captación de Soci@s
- Rogos e Preguntas.

Sen máis un Saúdo da Dirección d'A Chaínza

terça-feira, 20 de junho de 2006

XA FALTA MENOS DUN MES PRÓ DÍA DO FESTIVAL


Xa falta menos dun mes pró día do Festival e os preparativos xa están todos arranxados.

Dende a A.C. A Chaínza anímase a tódolos que queiran poñer os seus STANS prá Venda de Artigos Artesanais, que avisen por correo electrónico pra tratar as bases de admisión.

Ó final optóuse por escoller ESTRELLA GALIZA como cervexa pró Festival. Agardemos que con ista elección todos estexan dacordo, xa que somos nós os que lle imos dar unha Boa Homenaxe a ista Cervexa que está de Centenario.

O Centerario de Estrella Galicia émolo celebrar nós cunha boa embriaguez diste líquido tan sagrado na nosa Terra.

Por outra banda, dicir co día da Asemble Xeral da Asociación será publicado nos vindeiros días. A xente que queira participar nista Asemblea ten que ser soci@ antes do día da Publicación do día, pra poder entrar a formar parte da Asemblea e pra poder ter opción a Voto.

Sen máis, un Saúdo da Dirección d'A Chaínza.


sábado, 10 de junho de 2006

FESTIVAL DA CHAIRA 2006

Despois de moitas e voltas e voltas co nome do Festival, de que si Chaira Tres, Festival da Chaira Tres, III Festival da Chaira, ó final optóuse por chamarlle tan só Festival da Chaira 2006.

A expricación, pois haina........pero como é tan longa de expricar, mellor deixala no AR e que quede como Anécdota dos comezos dista Etapa de Festivais na Praia de Baltar, n'A Pastoriza.

Así e todo hai que dicir que iste Festival tentará reunir tódolos aspectos de Anteriores Festivais celebrados na Zona, e tentará aportarlle novas Identidades e Sinos, co fagan máis Único e Verdadeiro.

ADIANTE QUE POUCO FALTA XA!!! E CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS DAREMOS QUE FALAR !!!!

segunda-feira, 5 de junho de 2006

CARTEL DEFINITIVO


O Cartel difinitivo do Festival por fin xa está na Imprenta, non sen tempo!!!! O noso compañeiro Peter foi quen o deseñou e lle deu os derradeiros arranxos.

Como derradeira nova dicir que xa levan sobre unhas 300 Rifas do Sorteo do Xabarín xa vendidas. Agardemos que siga tan ben a Venda e se dean vendido unhas cantas máis...jejeje.

sábado, 3 de junho de 2006

problemas no servidor

A Dirección da Asociación pide disculpas a tódolos que tentaron entrar na Web da Asociación e do Festival xa que por problemas n0 servidor non funcionará durante todo o fin de semán istas seccións da web


Ou sexa, que me quedou o pc apagao,-............basicamente........jejejeje