segunda-feira, 14 de maio de 2012

7º FESTIVAL DA CHAIRA 2012 ( VAI POR VÓS..!!! )

BOAS XENTE..!

Un ano máis a Asociación Cultural A Chaínza decide seguer a Organizar e Celebrar o Festival da Chaira (e xa van 7 anos ininterrumpidos, como pasa o tempo..!), co lema para este ano de "VAI POR VÓS", o vindeiro 21 de XULLO  de 2012.

O cartaz como tódolos anos anteriores está formado por grupos de diversos estilos pero de moi boa calidade... non ía ser menos...


Xa vos iremos adiantando videos dos grupos (para os que non os coñezades) para que vos vaiades facendo unha idea do PEDAZO CARTAZ que vos temos preparado para este ano 2012.

A crise está pegando forte... PERO MÁIS FORTES SOMOS NÓS...!!!

Deste xeito, e por cambiar un pouco e darlle outro toque ao Festival, este ano imos ter, a parte da Verbena  (a partires da unha e media) e do Campionato de Billarda (ás catro e media), unha Sesión Vermú Tradicional (ou como se queira chamar) pra ir quentando motores...!!!



Os grupos para este ano son:

SESIÓN VERMÚ (a partires da unha e media):
- GRUPO DE GAITAS TRADICIONAL D'A PASTORIA
- CÉ ORQUESTRA PANTASMA

SESIÓN VERBENA (a partires das dez da noite):
- ATAQUE ESCAMPE
- THE SKARNIVALS
- BASTARDS ON PARADE
- EXTENSIÓN AGRARIA

VAI POR VÓS..!!!