quinta-feira, 15 de julho de 2010

V FESTIVAL DA CHAIRA 2010 (17 DE XULLO DE 2010)

A dirección d'A Chaínza anímavos a asistir ó V Festival da Chaira 2010


contaremos unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais,

Rock, Ska, Reggae, Folc e a Música da NOSA TERRA.

Por QUINTO ANO CONSECUTIVO, o Festival da Chaira voltarase celebrar na Praia da Riboira en Baltar

e voltará a ser Punto de Encontro Musical do Verán da Terra Chá,

tamén contaremos con:

ACAMPADA GRATIS CON TÓDOLOS

SERVIZOS BÁSICOS INCLUÍDOS…!!!



SEMPRE COA Diversidade Musical: Pra este ano 2010, o FESTIVAL DA CHAIRA segue co seu

ESLOGAN PRINCIPAL: "DIVERSIDADE CONTRA A NON PLURALIDADE".


Non pode ser doutro xeito....!!! Voltaremos contar, unha vez máis... cunha Variedade Musical

que tentará percorres tódolos Estilos Musicais...
NINGUÉN PODE FALLAR...!!!


A Variedade de Estilos irá dende o máis Autóctono de grupos como:

  • Zootropa de Lugo (do Bar mítico Garçon del Pis, de Lugo);
  • Do SKA de Kogito (que volta unha vez máis ó Festival, despois de haber estado xa no 1º Festival no pasado 2006);

  • Do Reagge-Ska-Punk do grupo La Limoncello de Barcelona e do Folk / Fusión / Étnica;
  • Das músicas do mundo do grupo Chotokoeu de A Coruña
  • E dos xa moi coñecidos e recoñecidos Ulträqäns de A Coruña



Eiquí vos deixamos as Ligazóns pra que poidades entrar nas súas webs e coñecelos un pouco máis.

Agardamos que as vosas expectativas pra este ano 2010 estexan, un ano máis, sobradamente cubertas.


I TORNEO DE BILLARDA:

Este ano tamén se celebrará o "I TORNEO DE BILLARDA FESTIVAL DA CHAIRA 2010"

coa colaboración da Asociación O Varal.

Como 1º Premio entregarase un XABARÍN ó mellor VAREADOR do TORNEO.

Antes regalábase...agora hai que gañalo..!


Vémonos outra vez, OBRIGADO A TOD@S !!!




GRUPOS CONFIRMADOS
(Crica nas fotos para ter máis información dos grupos)





terça-feira, 6 de julho de 2010

I TORNEO DE BILLARDA

I TORNEO DE BILLARDA FESTIVAL DA CHAIRA 2010 (17 de Xullo de 2010):

Comezo ás 16:30 horas

Se queredes participar no torneo de billarda podedes porvos en contacto con calquer membr@ da Asociación ou, senón, enviádenos un email a "achainza@gmail.com"

...Xa sabedes o que gañe lévase o XABARÍN do FESTIVAL....!!!

TOD@S A VAREAR............!!!!

sexta-feira, 2 de julho de 2010

I TROFEO DE BILLARDA FESTIVAL DA CHAIRA 2010


Para os que non o saibades... este ano imos ter o "I Trofeo de Billarda Festival da Chaira 2010" o cal nos van axudar a organizar ós da Asociación O Varal.

Así que se queredes gañar este ano o XABARÍN apuntádevos ó Torneo...!!!!

Estes anos anteriores regalábamosvos un Xabarín............mais este ano hai que gañalo MEUS...!!!

Achegádevos ...ó mundo billardeiro e descargade todo o voso xenio dando VARADAS.......... !!!!!!!!!!!!!!

Escoitade a Homenaxe de Os Ulträqäns ó xogo da Billarda:
http://www.vieiros.com/especiais/apologhit10/index.php?c=ficha&id=79469