domingo, 21 de maio de 2006

RIFAS PRÓ SORTEO DO XABARÍN


A A. C. A Chaínza xa ten no seu poder as tan desexadas Rifas pró Sorteo do Xabarín o día do Festival.

O próximo Fin de Semán serán repartidas entre tódolos membros que queiran vendelas.

Deste xeito A Dirección da Asociación adianta a tódolos seus membros co próximo sábado día 27 de Maio haberá unha Xuntanza de tódolos soci@s no que se falará de como foi a Venda de Camisolas e como van tódolos trámites prá Organización do Festival.

A Xuntanza celebrarase no Bar O'Cruceiro de A Pastoriza.

domingo, 14 de maio de 2006

A.C. A CHAÍNZA POLA CELEBRACIÓN DO 17 DE MAIO

A Asociación Cultural A Chaínza únese á Iniciativa levada polas Ciberirmandades da Fala pró día das Letras Galegas o vindeiro 17 de Maio.

O lema que di "UN LIBRO, UN TOXO EN FLOR" parécenos unha boa alternativa pra Reinvindicar e Promocionar a Cultura e a Literatura Galega e ó mesmo tempo darlle un Pulo á Nosa Língua, que nistos días que corren non ten a Saúde que todos desexabamos que tivera.

Por iso, pensamos, que agasallando un Libro e máis un Toxo "en flor" se potenciarán todos istes aspectos, aínda que como todos sabemos isto tense que dar tódolos días e non tan só en días concretos como íste.

Como derradeiro apuntamento dicir cas Rifas pro Sorteo do Xabarín xa están a piques de saír da Imprenta, polo que prá próxima semán xa serán repartidas entre tódolos membros da Asociación.

sábado, 13 de maio de 2006

CANTO VAN DAR QUE FALAR ESTOS PAVOS !!!


Hoxe propoñémosvos coñecer outro dos grupos que vai actuar no Festival da Chaira. Neste caso falamos de The Nerds, ou como di o nome da súa páxina web "PutosNerds".

Iste grupo vén de editar un cd que se titula "Música para hombres blancos heterosexuales" 18 temas que abarcan un amplo abano musical, Punk, Punk..... e máis Punk. Toda unha masturbación de Punk e tan só Punk.

Dende Madrid, ou sexa, da Capital de Hespanha, chegará iste grupo a amosarnos todo o seu PUNK, jejeje.

Se queredes coñecer máis a fondo iste grupo podedes pasarvos pola Sección de Grupos da Nosa Web ou entrando diretamente na súa Páxina web.

quinta-feira, 11 de maio de 2006

ARQUIVOS DA ASOCIACIÓN

A dirección d'A Chaínza avisa a tódolos seus membros que na sección de Arquivos xa se poden baixar copias de tódolos documentos da Asociación, como Estatutos, Acta Fundacional, logos, tipo de letra galega, etc.

Con isto quedan arranxados os problemas que houbera até o dagora, a causa de problemas co servidor.

Por outra banda, dicir, c'a Asociación está pensando en facer máis camisolas debido a gran demanda que istas teñen e a falla delas, sobre todo pro día do Festival.

Por iso, avisa a tódolos seus membros que no caso de que alguén teña algunha sen vender co dea en coñecemento, xa que hai xente que precisa algunha e non ten.

Como derradeiro apuntamento, dicir que xa está feito un amago de dosier de prensa, co que dar a coñecer o Festival. Pídeselle a tódolos membros co lean, pra dar opinións ó respeto cara a dar algún retoque ou no seu caso pra arranxalo por completo.

Sen máis un Saúdo dende a Dirección d'A Chaínza

segunda-feira, 8 de maio de 2006

SORTEO DO XABARÍN


A Asociación Cultural A Chaínza logo ha ter á venda, as xa desexadas, rifas do xabarín que se ha sortear o día do Festival e que vai servir como financiamento pra a organización díste.

Nestos intres, estase facendo o deseño das rifas, que logo se han levar á imprenta. A Dirección d'A Chaínza conta con telas xa feitas pra dentro dunha semán.



Como outro apuntamento, dicir, cos Cartaces do Festival, estarán posiblemente dispoñibles a mediados de Maio.