quinta-feira, 29 de março de 2007

GRUPOS DO FESTIVAL DA CHAIRA 2007












A dirección d'A Chaínza anunciou onte os grupos do Festival deste Ano 2007 o vindeiro 14 de Xullo, e conta unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais.

Por segundo ano consecutivo, o Festival da Chaira voltarase celebrar na Praia da Riboira en Baltar e voltará a ser Punto de Encontro Musical do Verán da Terra Chá.

Diversidade Musical: Pra este ano 2007, como no ano 2006, o Eslogan Principal será "Diversidade Contra a Non Pluralidade" e, por iso, contaremos, unha vez máis, cunha Variedade Musical que irá dende o máis Autóctono de grupos como Veria ou Os Cuchufellos, do Ska-Reagge do grupo La Tarrancha ou do máis Rock-Pop-Punk de grupos como Deperfil ou Porka Miseria.

Eiquí vos deixamos as Ligazóns pra que poidades entrar nas súas webs e coñecelos un pouco máis. Agardamos que as vosas expectativas pra este ano 2007 estexan sobradamente cubertas.

Vémonos outra vez, OBRIGADO !!!


VERIA, DE COSPEITO. MÚSICA FOLC.










LA TARRANCHA, DE XIXÓN (ASTURIES). SKA-REAGGE











OS CUCHUFELLOS, DE MANZANEDA. SPEED-FOLC-REAGUE-SKA








PORKA MISERIA, DE MELIDE. ROCK-PUNK










DEPERFIL, DE COSPEITO. ROCK




quarta-feira, 28 de março de 2007

XUNTA ORDINARIA O PRÓXIMO 4 DE ABRIL ÁS 22:30 HORAS NO LOCAL DA PRAIA DE BALTAR









O vindeiro día 4 de Abril haberá unha Xuntanza Ordinaria ás 22:30 horas na que se tratarán tódolos temas en canto á celebración do " Festival da Chaira 2007 " por segundo ano consecutivo na Praia da Riboira en Baltar.

Convócase a tódolos membros da Asociación a participar en dita Xuntanza que abrirá a sesión en primeira convocatoria ás 22:30 horas.

A dirección d'A Chaínza anuncia que se colocarán carteis de Convocatoria en tódolos centros de reunión até o dagora empregados pola Asociación, na que se informará de tódolos temas a tratar en dita xuntanza.




Por outra banda, a dirección d'A Chaínza anuncia que xa case está pechado o Cartel deste ano 2007. Neste intre, estanse mantendo conversas cos varios grupos e só falta a confirmación final.

Os grupos que xa están case confirmados son:

- Os Cuchufellos, de Manzaneda.
- Veria, de Cospeito, Lugo.
- De Perfil, de Cospeito.
- La Tarrancha, de Asturies.
- Porca Miseria, de Melide.


Aínda ca dirección d'A Chaínza anuncia antes de ter confirmados algún estes grupos, conta con ter a confirmación definitiva nas próximas horas.

Sen máis un saúdo da dirección d'A Chaínza.