GRUPOS DO FESTIVAL DA CHAIRA 2007
A dirección d'A Chaínza anunciou onte os grupos do Festival deste Ano 2007 o vindeiro 14 de Xullo, e conta unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais.
Por segundo ano consecutivo, o Festival da Chaira voltarase celebrar na Praia da Riboira en Baltar e voltará a ser Punto de Encontro Musical do Verán da Terra Chá.
Diversidade Musical: Pra este ano 2007, como no ano 2006, o Eslogan Principal será "Diversidade Contra a Non Pluralidade" e, por iso, contaremos, unha vez máis, cunha Variedade Musical que irá dende o máis Autóctono de grupos como Veria ou Os Cuchufellos, do Ska-Reagge do grupo La Tarrancha ou do máis Rock-Pop-Punk de grupos como Deperfil ou Porka Miseria.
Eiquí vos deixamos as Ligazóns pra que poidades entrar nas súas webs e coñecelos un pouco máis. Agardamos que as vosas expectativas pra este ano 2007 estexan sobradamente cubertas.
Vémonos outra vez, OBRIGADO !!!
VERIA, DE COSPEITO. MÚSICA FOLC.
LA TARRANCHA, DE XIXÓN (ASTURIES). SKA-REAGGE
OS CUCHUFELLOS, DE MANZANEDA. SPEED-FOLC-REAGUE-SKA
PORKA MISERIA, DE MELIDE. ROCK-PUNK
DEPERFIL, DE COSPEITO. ROCK