O noso compañeiro e membro da Asociación Cultural A Chaínza,
Peter, vén de rematar de deseñar o cartace do festival.
Agora só faltan os derradeiros retoques mestres para darlle o toque definitivo e poder ser xa levado á imprenta.
Como veredes no cartace falta un grupo, as Pandereteiras de Meira, que si que han aparecer no cartace derradeiro.
Pídeselle a tódolos membros d'A Chaínza opinión en canto ó cartace do Festival así como opinións en canto ás cores.
Se queredes ver tódolos cartaces en diferentes cores, podedes ir á páxina do Festival cricando
eiquí.
O logo do Festival que tamén se pode ver no enlace anterior, non é o definitivo, xa que hoxe informóunos o noso amigo Peter, que xa tén outras ideas para que este encaixe mellor nas camisolas, que xa han estar preparadas para semán santa.
Sí meus...................... en Semán Santa............. xa poderedes comprar tod@s as camisolas do Festival.............. non sen tempo............pero tampouco sen pausa.
Sen máis............ un saúdo da dirección d'A Chaínza !!!!